Este sábado día 2 de maio celébrase na nova Piscina Municipal de Arteixo a decimosexta edición do xa clásico Encontro de Natación, organizado polo Club Natación Sarval Arteixo e coa colaboración do Servizo Municipal do Concello de Arteixo e Aquafit Xestión.
Máis de 180 nenos e nenas de 6 a 13 anos xuntaranse ese día para disfrutar dunha gran xornada adicada ó deporte de base, xa que a competición vai dirixida ás categorías Benxamín e Alevín.
Neste evento participarán os seguintes equipos: Club Natación Coruña, Club del Mar, Club Natación Culleredo, Asociación Deportiva Náutico de Narón, e finalmente como club anfitrión, o Club Natación Arteixo.
Nadaranse probas de 25 de cada estilo e 100 estilos para a categoría Benxamín. E probas de 50 metros de cada estilo e 100 estilos para a categoría Alevín. As remudas serán mixtas, de 4×25 e 4×50 estilos.
Farase entrega de agasallos para tódolos participantes, medallas para os tres primeiros clasificados/as de cada proba, e trofeo para o equipo campión por suma de puntos.