O Club Natación Sarval Arteixo acadou o 2º posto por equipos na clasificación conxunta do XV Encontro de Natación Concello de Arteixo, celebrado onte pola tarde na piscina municipal, cun total de 13 medallas (6 ouros, 4 pratas e 3 bronces). O Club gañador do trofeo foi o Club del Mar de San Amaro.
Acudiron a esta cita un total de 180 nadadores e nadadoras de seis clubs. Xa son 15 as edicións e, coma sempre, foi un completo éxito tanto de participación coma de organización.
A Clasificación por Clubs foi a seguinte:
1º -CLUB DEL MAR 358
2º -CLUB NATACIÓN ARTEIXO 328
3º-CLUB NATACIÓN CULLEREDO 274,5
4º-CLUB NATACIÓN CORUÑA 264,5
5º-A. D. NÁUTICO DE NARÓN 247
6º-SALVAMENTO ARTEIXO 50
Neste trofeo premiouse aos tres primeiros clasificados de cada proba, tanto individual como de remudas, que nesta ocasión foron mixtas (dous nenos e dúas nenas). Destacamos as clasificacións das remudas:
4×25 Libre Benxamín: Club Natación Culleredo, Club Natación Coruña, Club del Mar
4×50 Libre Alevín: Club Natación Arteixo, A.D.Náutico de Narón, Club del Mar
Os encargados este ano de facer entrega dos agasallos e trofeos foron Dona Puri Zas, concelleira de Deportes do Ilmo. Concemo de Arteixo, Don Miguel González, Técnico Animador Deportivo Municipal, Dona Eva Gacio, representante de Acuafit e Don Ignacio Folgueira, Presidente do Club Natación Arteixo.
CEA GALA
Tamén onte pola noite, celebrouse a xa clásica Cea Anual do Club Natación Sarval Arteixo, á que asistiu como invitado especial o Ilmo. Sr. Alcalde do Concello de Arteixo, Carlos Calvelo, que xunto con Ignacio Folgueira, Presidente do Club, inauguraron a cea con un pequeno discurso dirixido a pais e nadadores.
Neste evento, entregáronse diplomas e agasallos ós deportistas premiados da tempada 2012/2013:
Mellor Nadador promesa: Nacho Iglesias Mangano
Mellor Nadadora promesa: Nicole Macías Fernández
Mellor Nadador: Omar Andrade Álvarez
Mellor Nadadora: Noelia Gómez López
Obtivo diploma e agasallo, o gañador do concurso de tarxetas de nadal, Mateo García Castro, e tamén recibiron agasallo tódol@s participantes no concurso.
Entregouse un detalle especial en forma de premio para os participantes en Campionatos de España na mesma tempada, Alba Gómez, Virginia Naya, Omar Andrade e Noelia Gómez.
Celebrouse un sorteo de regalos para nenos e maiores donados por: Gravados Calvo, R, Outlet Culleredo, deportes San Remo Carballo, Gadis, Librería Doris, Panadería Gestal e algúns socios/as do club.
En resumen, xornada movida para a totalidade do Club Sarval Natación Arteixo, club que cada ano que pasa estase a conformar máis como un GRAN EQUIPO.
¡¡Noraboa a tod@s por este día e gracias aos nadadores e pais colaboradores sen os que esto sería imposible!!