XV Campus de Natación

Acércase o final de curso escolar, e con el, como ven sendo habitual o Club Natación Arteixo organiza  unha nova edición, a número 15, do Campus de Verán «Xoga coa Auga». Está aberto o prazo de inscrición e remata o 10 de xuño, ofertamos un total de 100 prazas.

As datas de celebración serán do 24 ó 28 de xuño. A natación será a actividade principal deste campus, pero constará doutras actividades dirixidas a nenos e nenas de 6 a 17 anos. Entre estas actividades estarán os xogos deportivos, sendeirismo, outros deportes, actividades na Praia, e un remate final no parque acuático de Cerceda. O transporte deste campus é gratuíto, con varias rutas de autobús que percorren o concello.

Pódese formalizar a inscrición na oficina de deportes do concello ou nas oficinas do Club Natación Arteixo situadas na Piscina Municipal. As prazas son limitadas e respetarase a orden de inscrición. Para máis información os contactos do CNA son: por teléfono, 652542548, e a través de correo electrónico, info@natacionarteixo.com

Folleto de Inscrición