XIX Encontro Concello de Arteixo

Este domingo día 10 de xuño celébrase na Piscina Municipal de Arteixo a décimo novena edición do Encontro de Natación, organizado polo Club Natación Sarval Arteixo coa colaboración do Servizo Municipal do Concello de Arteixo e  BeOne Arteixo.

Máis de 190 nenos e nenas de 6 a 13 anos xuntaranse ese día para disfrutar dunha gran  xornada adicada ó deporte de base, xa que a competición vai dirixida ás categorías Benxamín e Alevín. Será en sesión de mañá e dará comezo ás 11:00.

Neste evento participarán os seguintes equipos: Club Natación Coruña, Club del Mar, Club Natación Culleredo, Asociación Deportiva Náutico de Narón, Club Natación Ferrol, e finalmente como club anfitrión, o Club Natación Arteixo.

Nadaranse probas de 25 de cada estilo e 100 estilos para a categoría Benxamín. E probas de 50 metros de cada estilo e 100 estilos para a categoría Alevín. As remudas serán de 4×25 libre masculina e feminina para os Benxamíns, e de 4×50 estilos para os Alevíns.

Haberá tamén unhas series de exhibición de promesas onde os máis pequenos/as do noso club e algúns invitados/as demostrarán a súa mellora técnica desta tempada.

Farase entrega de agasallos para tódolos participantes, medallas para os tres primeiros clasificados/as de cada proba, e trofeo para o equipo campión por suma de puntos.

Regulamento