XIV Travesía de Suevos

Dende o Club Natación Arteixo estamos encantad@s de anunciar, que se a situación segue como ata agora, celebraremos a XIV Travesía de Suevos, XIII Memorial Marina Álvarez. Un ano máis formará parte do Circuíto Galego de Augas Abertas co percorrido de 2500 metros, mantendo tamén os percorridos máis populares de 800 e 200 metros.

Celébrase o domingo 1 de agosto ás 11:00 da mañá. O evento contará con tres percorridos, de 2500, 800 e 200 metros, este último dirixido só ós máis pequenos/as.

Recordade que tendo en conta a normativa do Circuíto Galego de Augas Abertas, hai un apartado específico de uso de neopreno (bañador térmico):

Na proba de 2500: Se a temperatura da auga é de 20º ou máis está prohibido o uso de bañadores térmicos, se é entre 18ª e 20ª será optativo e se a temperatura é inferior a 18º será obrigatorio para os que participen no Circuíto Galego de Augas Abertas.

Na proba de 800: Se a temperatura da auga é de 20º ou máis está prohibido o uso de bañadores térmicos, se é inferior a 20º será optativo.

As inscricións poderán realizarse até o xoves día 29 de xullo, na páxina web de Ccnorte.com. 

Inscricións

NormativaComo Chegar

Debido á situación Covid non se poderá celebrar a comida, pero animamos a tódolos nadadores e nadadoras a participar para darlle a benvida de novo a este gran evento do noso Club e da natación galega de verán.