Este pasado sábado día 27 celebrouse a XIII Edición da Travesía a nado Concello de Arteixo – XII Memorial Marina Álvarez, que o noso club organiza no Porto de Suevos, coa colaboración do Concello. O día amañeceu moi chuvioso pero co mar tranquilo. No momento de iniciar as probas xa despexara o que levou a ter moi boas condicións para a celebración deste xa clásico evento entre as travesías de verán.
A temperatura da auga era de 18,5º, polo que o uso de neopreno foi optativo. Un total de 190 deportistas foron os que disputaron as diferentes categorías e distancias da proba. Un ano máis, a distancia de 2500, pertencente ó Circuíto Galego de Augas Abertas, superou ó resto das distancias en canto a participación. Os campións absolutos da distancia de 2500 metros foron Javier Alonso e Ana Buceta, ambos do CN Ponteareas.
A proba de 2500 contou con máis de 80 participantes, a de 800 metros, con 77 nadadores. Como remate da mañá celebrouse a proba dos pequenos, de 200 metros, bo estreo destas idades nas augas abertas, coa participación de case 30 nenos e nenas de entre 7 e 12 anos, que alegraron ó final deste evento.
Estes son os gañadores/as por categorías:
2500 Metros
1- Manuel Regueiro (CNArteixo), Martín Carrera (CN Ponteareas), Xian Prego (CNArteixo)
2- Penélope Martínez (CNArteixo), Antía Ortego (CN Galaico), Cora Vinagre (AD Fogar)
3- Javier Alonso (CN Ponetareas), Juan Rey (CN Riveira), Pablo Martín (CN Galaico)
4- Ana Buceta (CN Ponteareas), Ángela Martínez (RCN Vigo), Alba Maestro (CE Mediterrani)
800 Metros
5- Carlos García, Javier Couso, Luis R. González
6- Estefanía González
7- Álvaro Gómez, César Montes, Javier Mon
8- Alba Otero, Nerea Iglesias, Enriqueta Iglesias
9- Javier Carril, Manuel Mellid, Manuel Ruibal
10- Alejandra Rodríguez, Lucía Varela, Sandra Pérez
11- Rubén Otero, Nicolás Ramos, Ricardo Tubío
12- Marta Novo, Inés Borge, Silvia Martínez
200 Metros
13- Manuel Souto, Xoel Cubeiro, Paulo Rivas
14- Lucía Villarnovo, María Camba, Pablo Rodríguez
En canto a trofeos especiais, o do nadador/a máis novo foi para Xoel Camba Vázquez, de 9 anos e o do nadador máis veterán foi para José Leal Piñeiro, con 77 anos.
Os trofeos “Marina Álvarez” ós mellores nadadores do Club Natación Arteixo, leváronos, na categoría masculina Manuel Regueiro (2500 m) e Javier Carril (800 m); na categoría feminina foron Penélope Martínez (2500 m) e Nerea Iglesias (800 m) as premiadas.
Estiveron presentes para a entrega de premios, representando ó Concello de Arteixo: D. Carlos Calvelo, Excelentísimo Alcalde, Dna. Puri Zas concelleira de Deportes, Marcos Mañana, Presidente do Club Insua, e D. Ángel Vázquez tamén do Club Insua, acompañados pola Presidenta do Club Sarval Natación Arteixo, Dna. Virginia Martínez.
Podemos dicir que foi un éxito de organización pese ó mal que amañeceu o día, aproveitamos para agradecer a todos os voluntarios e voluntarias que fixeron isto posible. Grazas tamén a Club Insua, Club Langosteira, Coca Cola, Gadis, Churrería Manolo, Gravados Calvo, O Noticiero de Arteixo, a Saria Sarval e ó Concello de Arteixo. Rematamos esta Travesía, con unha gran paella (noraboa Javier, estaba estupenda coma sempre), da que poideron disfrutar ata ben entrada a tarde.