Hoxe celebrouse a XII Edición da Travesía a nado Concello de Arteixo – XI Memorial Marina Álvarez, que o noso club organiza no Porto de Suevos, coa colaboración do Concello. O mar estivo tranquilo, con un día calmo e caluroso. A temperatura da auga era de 18,3º, polo que o uso de neopreno foi optativo. Un total de 200 deportistas foron os que disputaron as diferentes categorías e distancias da proba. Por primeira vez os participantes do percorrido de 2500, pertencente ó Circuíto Galego de Augas Abertas, superou ó resto das distancias. Os campións absolutos da distancia de 2500 metros foron Miguel Martínez e Lucía Cal, ambos do RCN de Vigo.
A proba de 2500 contou con máis de 75 participantes, a de 800 metros, con case 65 nadadores. Como remate da mañá celebrouse a proba dos pequenos, de 200 metros, con record de participación con máis de 30 nenos e nenas de entre 7 e 12 anos, resultou un magnífico colofón.
Estes son os gañadores/as por categorías:
2500 Metros
1- Iván Rubio (CNArteixo), Manuel Regueiro (CNArteixo), Martín Carrera (CN Ponteareas)
2- Ana Cotos Suárez (USC), Penélope Martínez (CNArteixo), Rebeca Carnota (Cidade de Lugo)
3- Miguel Martínez (RCN de Vigo), Martín López (CN Riveira), Samuel Infestas (RCN de Vigo)
4- Lucía Cal (RCN de Vigo), Alba Gómez (CNArteixo), Naomi Espinoza (Américas Triatlón)
800 Metros
5- Julio Martínez, José Manuel Santiago, Javier Couso
6- Montse Paradela, Ana Ojeda, Mª Isabel López
7- César Pazos, Fady Hout, Edu Pinedo
8- Nerea Pazos, Marta Barbeito, Jessica Rama
9- Daniel Capelán, Javier Carril, Yzan Saavedra
10- Lucía Cañete, Alba Otero, Erea Garcés
11- Rubén Otero, Mateo García, Alejandro Montes
12- Silvia Martínez, Elena Haz, Celia Rega
200 Metros
13- Manuel Souto, Hugo Souto, André Ortego
14- Sara Tajes, Ana Rey, Eva Sánchez
En canto a trofeos especiais, o do nadador/a máis novo foi para Julio Martínez, de 7 anos e o do nadador máis veterán foi para José Leal Piñeiro, con 76 anos.
Os trofeos “Marina Álvarez” ós mellores nadadores do Club Natación Arteixo, leváronos, na categoría masculina Iván Rubio (2500 m) e César pazos (800 m); na categoría feminina foron Alba Gómez (2500 m) e Nerea pazos (800 m) as premiadas.
Estiveron presentes para a entrega de premios, representando ó Concello de Arteixo: D. Carlos Calvelo, Excelentísimo Alcalde, Dna. Inés Ramos, Concelleira de Benestar e Igualdade, D. Ángel Vázquez, concelleiro de Xuventude e Participación Cidadana e Marcos Mañana, Presidente do Club Insua, acompañados pola Presidenta do Club Sarval Natación Arteixo, Dna. Virginia Martínez.
Hoxe contamos tamén coa especial participación dun grupo de 6 triatletas de América que asistirán os Xogos Olímpicos da Xuventude de Buenos Aires o vindeiro mes de outubro, que se atopan en Galicia para participar no Campionato Galego de triatlón, e así acumular experiencia competitiva antes da súa gran cita ó outro lado do océano.
Podemos dicir que foi un éxito de organización, aproveitamos para agradecer a todos os voluntarios e voluntarias que fixeron isto posible. Grazas tamén a Club Insua, Club Langosteira, Coca Cola, Gadis, Churrería Manolo, Gravados Calvo, O Noticiero de Arteixo e a Saria Sarval. Rematamos esta Travesía, con unha gran paella (noraboa Javier, estaba estupenda), que serviu de colofón para a que é, unha vez máis, unha gran tempada do Club Natación Arteixo.