Este sábado 2 de agosto celébrase no Porto de Suevos, a octava edición da Travesía a Nado Concello de Arteixo, VII como Memorial Marina Álvarez.
Partimos con un rotundo éxito de preinscritos, con un total de 247 entre federados e non federados.
No percorrido de 200 metros, dirixido ós máis pequenos/as, contamos con 38 participantes. No de 800 metros, 148. E por último, no percorrido de 2500 metros, puntuable para o Circuito Galego de Augas Abertas, 61 inscritos.
Veñen sobre todo, nadadores e nadadoras de toda Galicia, tanto de clubs coma federados, que nesta edición aumentaron considerablemente. Tamén contaremos coa presencia de algún participante de fora do territorio galego.
Segundo a predicción do tempo, parece que pode estar nuboso, pero con bo estado do mar, así que seguro gozaremos de un gran día para a Natación en Augas Abertas, que parece que estase a convertir nunha afición popular, e con unha parada obrigatoria no Porto de Suevos co Club Natación Arteixo.
¡¡Sorte e ánimo para tódolos/as participantes neste gran evento fin de tempada do noso Club!!