Hoxe celebramos a VIII Edición da Travesía a nado Concello de Arteixo, que ten lugar no Porto de Suevos. O tempo regular, estivemos entre nubes e claros toda a xornada, non foi pega suficiente para os 261 inscritos. O estado do mar era tranquilo, boas condicións para para a natación en augas abertas. Máis de 220 deportistas foron os que finalmente se botaron ás augas de Suevos (récord de participación real e tamén prevista de inscritos) para nadar un total de tres probas diferentes.
A proba máis longa era a de 2.500 m, puntuable para o Circuíto Galego de Augas Abertas, e que foi disputada por 65 nadadores. Os campións absolutos desta proba foron María Vilas (CN Riveira), medallista en Campionatos de Europa de Natación, entrou na meta en primeiro lugar, seguida de Julio Pardo (AD Liceo), campión masculino da proba. Estes son os gañadores/as por categorías:
2500 Metros
1- Cristian Fernández (CN Galaico), Iván Brión (CN Riveira), Pablo Bocelo (Club del Mar)
2- María Vilas Vidal (CN Riveira), Iria García (CN Galaico), Laura Pimentel (CN Pabellón Ourense)
3- Julio Pardo (AD Liceo), Martín Carrera (CN Ponteareas), Francisco Cobelo (CN Ponteareas)
4- Paula Goyanes (CN Galaico), Mara Vélez (CN Pabellón Ourense), Paula Abeledo (AD Liceo)
800 Metros
5- Sergio de Bethancourt, Alfredo Trincado, Javier Couso
6- Estefanía González, Dolores Sar (CN Culleredo), Mª Isabel López
7- Sergio Campos (CN Coruña), Francisco Sanjorge (CN Arteixo), Omar Andrade (CN Arteixo)
8- Natalia Lago (CN Coruña), Sara Gallardo (Club del Mar), Ana Veiga (Club del Mar)
9- Martín Cañete (Club del Mar), Mauro Paredes (CN Riveira), Martín Naya (CN Arteixo)
10- Anne de La Fuente (AD Liceo), Laura Rodríguez (CN Ponteareas), Iria González (AD Liceo)
11- Jorge González (CN Boiro), Manuel Verdes (AD Fogar), Adrián Haz (AD Fogar)
12- Ana Timiraos (CN Portamiñá), Alba Maestro (CN Cornellá), Ana García (Club del Mar)
200 Metros
13- Xoel Lorenzo, Mateo García (CN Arteixo), Roi Lorenzo
14- Uxía de Bethancourt, Uxía Amoedo, Yurena García
En canto a trofeos especiais, o do nadador máis novo foi asinado a Lucas Riola, de 6 anos e o do nadador máis veterán foi para José Leal Piñeiro.
Os trofeos ós mellores nadadores do noso club leváronos, na categoría masculina Diego Rodríguez (2500 m) e Francisco Sanjorge (800 m); na categoría feminina foron Noelia Gómez (2500 m) e Alba Gómez (800 ms) as premiadas.
Estiveron presentes para a entrega de premios Purificación Zas Concelleira de Deportes, Fina Zas, Concelleira de Igualdade, representando o Concello de Arteixo, José Manuel Loureiro, representante do Club A Insua, Carmelo Sanjorge, delegado Máster do CNA, acompañados polo Presidente do Club Sarval Natación Arteixo, Nacho Folgueira.
Cada ano seguimos sumando participantes e podemos destacar o bo facer de toda a xente do Club Natación Arteixo que, unha vez máis, axudaron para que os e as deportistas disfrutaran dunha boa xornada de competición e dun día fantástico na praia de Suevos.
O Club Natación Sarval Arteixo agradece a vosa participación un ano máis.
¡ESPERÁMOSVOS O ANO QUE VEN!