Falta unha semana para que o Club Natación Arteixo de comezo a unha nova edición, e xa van 11, do Campus de Verán «Xoga coa Auga».
O prazo de inscrición aínda está aberto e quedan poucas prazas.
As datas de celebración serán do 27 de xuño ata o 8 de xullo. A natación será a actividade principal deste campus, pero constará de outras actividades dirixidas a nenos e nenas de 6 a 17 anos. Entre estas actividades estarán os xogos deportivos, sendeirismo, rutas a cabalo, outros deportes, actividades na Praia, e un remate final no parque acuático de Cerceda. O transporte deste campus é gratuíto, con varias rutas de autobús que percorren o concello.
Pódese formalizar a inscrición na oficina de deportes do concello ou nas oficinas do Club Natación Arteixo situadas na Piscina Municipal. Para máis información os contactos do CNA son: por teléfono, 652542548, e a través de correo electrónico, info@natacionarteixo.com.