Video Travesía de Suevos 2015

Os técnicos do Concello de Arteixo realizaron un video da recentemente celebrada Travesía de Suevos.

¡¡A disfrutalo!!

Spining_CNA from CNA on Vimeo.

Spining para o CNA

Onte na Piscina Municipal, Alex, o excelente monitor de Spining da instalación , deleitou ós deportistas do Club Natación Arteixo con unha dura pero divertida sesión.

Foron 50 minutos de traballo aeróbico nos que o equipo demostrou ser capaz de deixar o medio acuático, e seguir a Alex ata o infinito e máis alá montados nestas superbicicletas.

Bo Nadal

O Club Natación Arteixo deséxalles Felices Festas a todos os seus compoñentes e familiares, esperamos que o vindeiro 2015 veña cargado de oportunidades para adestrar e superar os obstáculos, e por suposto os máis grandes éxitos deportivos. Estade atentos a esta web durante o período vacacional onde publicaremos instalación e horario de adestramentos a partir do 7 de xaneiro.

¡¡Boas festas!!

Video Travesía de Suevos

Publicamos un enlace, no que podedes disfrutar dun video realizado polos técnicos do Concello, da Travesía de Suevos celebrada o pasado 3 de agosto.

 

Video do XV Encontro

Hoxe poñemos á vosa disposición un enlace dun fermoso video gravado e editado por Francisco Naveira, publicado pola  Área de Xuventude do Concello de Arteixo.