Este sábado celebrouse en Ourense o Trofeo Pedro Escudero, coa participación de 25 dos nosos deportistas de categorías absoluto, junior, infantiles e alevíns, que tiveron a ocasión de competir en Piscina de 50 metros e facer un día máis de convivencia de equipo e competitiva e que sirve de remate de tempada para case tod@s. Os resultados foron moi positivos, con un total de sete medallas e un primeiro posto por táboa FINA.
Foron medallistas en probas individuais, Mateo García, Alba Gómez, e Eva Sánchez, con un total de 3 ouros, 2 pratas e 1 bronce. Tamén fomos medalla de ouro na remuda de 4×100 estilos mixto. A remuda de 4×100 estilos acadou o 4º posto.
Mateo García foi o 1º clasificado por suma de puntos FINA.
Os nosos deportistas estiveron nun bo nivel de marcas, rematando a tempada competitiva en Piscina de 50 metros, e coa oportunidade de vivir unha convivencia entre varias varias categorías.
Noraboa a tod@s!!




