Trofeo Nadador Completo

O martes día 8 de decembro celébrase en Riazor (A Coruña), o Trofeo Nadador Completo, organizado polo Club Natación Liceo. Unha gran ocasión para a convivencia das diferentes categorías do club que non compiten habitualmente xuntas dende os máis novos, os promesas ata os junior. Incluindo remudas mixtas e de compoñentes de tódalas idades. O noso club asiste con un total de 49 deportistas.

Este trofeo ten unha peculiar normativa na que pola mañá nádase a proba de crol, da que sairán os 12 primeiros clasificados/as de cada categoría. Estes pasarán á ronda da tarde e participarán nos demáis estilos, recibindo premio os tres primeiros clasificados/as coa suma dos catro estilos. Ademáis dos que se clasifiquen en crol, irán pola tarde os convocados para participar nas remudas.

Os promesas nadarán 25 metros, prebenxamíns 50, benxamíns, alevíns, infantís e juniors nadarán 100 metros. As remudas serán pola mañá de 8×50 libre para os máis pequenos e de 8×100 libre feminino e masculino para as demáis categorías. Pola tarde será unha remuda intercategoría de 16×50 libre.

Prégase puntualidade e acudir debidamente uniformados/as.

¡¡Ánimo EQUIPO!!

Convocatorias