Temos publicados os resultados do Trofeo Marcos García Soto celebrado este sábado en Ferrol, onde obtivemos o 5º posto por equipos, nove medallas, moitas MMP e moi bo ambiente competitivo e de convivencia.
Foi o sábado 31 en sesión de eliminatorias pola mañán e de finais pola tarde. Asistimos con nadadores e nadadoras de categorías alevín, infantil, junior e absoluta, un total de 39 deportistas cos que completamos o calendario completo de competición. Pasamos con 15 nadador@s ás finais da sesión de tarde e nestas obtivemos un total de nove medallas, tres pratas e seis bronces. Os premiados foron: Miguel A. Gómez, Alejandro Varela, Manuel Lema, Jazmin Rubio, Martina Ferro e Lucía Prieto.
A remuda, de 6×100 libre mixta intercategorías, acadamos o 6º posto. Na clasificación por equipos quedamos no 5º posto conxunto, 5º masculino e 3º feminino. Foi un bo día de convivencia de nadadores e nadadoras que non acostuman a competir xuntos, e resultou unha gran experiencia.
Noraboa a tod@s!!



