Trofeo Juan Varela Máster

O Club Natación Arteixo Máster acadou o 2º posto por equipos no II Trofeo Juan Varela desta categoría o pasado domingo na Piscina de Batallones de Ferrol.

Un total de 12 nadadores/as, un ambiente motivado e divertido, unha remuda de 8×50 en 4º posto son os resultados do conxunto do equipo. No plano individual acadáronse boas marcas e un total de seis medallas na suma de puntos por táboa FINA; un ouro, tres pratas e dous bronces.

Noraboa Equipo!!

Resultados Master