Trofeo de Ponteareas. Resultados

Este domingo 30 de outubro foi unha boa xornada competitiva para o Club Natación Arteixo. Viaxamos con 26 deportistas para participar no Trofeo Amizade de Ponteareas, no que acadamos o 4º posto por equipos e moi boas marcas en xeral para estrear a tempada competitiva.

Acadamos un total de 14 medallas (4 ouros, 4 pratas e 6 bronces), de Mateo García, Miguel Gómez, Marcos del Río, Manuel Varela, Rubén del Río, Alba Gómez e Ana Veiga. Ademáis, Alba e Mateo acadaron o 2º posto de Taboa FINA por suma das tres probas.

Pero, sen dúbida, o mellor da competición foi a convivencia e o ambiente competitivo que foi máis que notable.

Noraboa Equipo!!

ResultadosMedalleiro