Trofeo de Ponteareas e Liga Máster

Este domingo participamos no Trofeo Amizade de Ponteareas, asistimos cun total de 23 nadadores e nadadoras de categorías alevín, infantil, junior e absoluto. Foi unha gran xornada de convivencia de equipo e unha competición con moi bos resultados de marcas, no que acadamos o 7º posto por Clubs. Os máster competiron en Carballo a súa 1ª xornada de Liga.

Esta foi a primeira ocasión de competir desta nova tempada 2122, e o Arteixo fixoo con moi boas sensacións. O grupo nadou con ilusión, e cos nervios habituais do estreo. Os nosos nadadoes e nadadoras voltaron con moitas MMP para a casa. Foi unha longa xornada, moi ben organizada por parte do club anfitrión, que sírvenos de plataforma de saída para tódalas ligas que están a punto de comezar.

Participamos na remuda de 4×100 estilos mixta, rematando no 7º posto. A nivel individual, destacamos ós medallistas, Miguel Ángel Gómez, Ana Veiga e Nerea Alvite, que acadaron un total de catro medallas.

O equipo máster pola súa banda, estrearon a Liga en Carballo, o domingo en sesión de mañán, nadando tamén moi ilusionados con esta nova tempada, que xa se vai parecendo á nosa natación de sempre. Acadaron boas marcas, pero sobre todo voltan felices e con ganas de darlle duro para seguir ahí defendendo as cores do noso equipo máis veterán. Os seus resultados, coma sempre, serán enlazados cando os publique oficialmente a FEGAN.

 

ResultadosVideos StreamingFotos