Resultados

Este sábado unha parte do noso equipo participou no XXVIII Trofeo de Narón acadando o 3º posto por equipos, e vivindo unha moi boa xornada competitiva cargada de moito ánimo e traballo en equipo. O equipo Máster participou o domingo na 2ª xornada de Liga en Lugo con moi boas sensacións tamén para os máis veteráns, os resultados serán publicados cando a Fegan os publique unificando as sedes.

A Narón viaxaron 20 nadadores e nadadoras de categorías infantil, junior e absoluta, foi en sesión de tarde e nadábase case todo o calendario de probas. Este trofeo deunos a oportunidade de gañar experiencia en competición e de coñecer temas que temos que seguir pulindo no adestramento para alcanzar un mellor nivel a nivel individual e con esto facer mellor ó equipo.

A remuda, que foi mixta e de 4×50 libre acadou o 3º posto, igual que na puntuación total por equipos. A nivel individual destacamos os postos por táboa FINA: Eva Sánchez 1º feminino pola proba de 100 costas, Ana Veiga 3º feminino por 200 bolboreta, e Mateo García, 2º por 200 libre.

Un moi bo día para competir e compartir… Noraboa a tod@s!!

Resultados