Boas marcas para o equipo que o Club Natación Arteixo presentou no Trofeo celebrado o sábado e organizado polo Club Natación Coruña. Os equipos de remudas mixtas acadaron o 10º posto en 4×50 estilos e 0 12º en 4×100 libre.
Entre as mellores marcas persoais acadadas polos nosos nadadores/as hai unha nova mínima para o Campionato de España Absoluto, Noelia Gómez na proba de 100 estilos, con un tempo de 1.07.35.
¡¡Noraboa para os 18 deportistas que tiveron a oportunidade de competir neste Trofeo!!