Esta fin de semana celébrase en Castellón o Trofeo Internacional Castalia Castellón, e o noso club estará representado por dúas nadadoras. Será un trofeo especial, xa que o no club organizador está como adestrador e director técnico o noso querido Javi López, que foi segundo entrenador do Club Natación Arteixo durante dúas tempadas. Grandes nadadores/as do actual CNA pasaron polas súas mans. Como organizador principal do evento, mandámoslle ánimo dende esta web, non dubidamos de que será todo un éxito. A competición durará o sábado e o domingo con formato de eliminatorias e finais.
Paula Otero participa formando parte do Equipo Nacional, con un amplio calendario de probas, 400, 200, 800 libre e 400 estilos; e Noelia Gómez, nadará o domingo a proba de 100 braza.
Poderemos seguir os resultados en directo na páxina oficial e será retransmitido en Teledeporte.
Ánimo chicas!!