Trofeo Amizade de Ponteareas

… E despois de seis meses, por fin o Club Natación Arteixo volve a pisar unha piscina para competir. Mañán sábado celébrase o Trofeo Amizade de Ponteareas, e participaremos con 20 nadadores e nadadoras. Será en dúas sesións e teremos o calendario case completo de probas.

Asistimos con 9 nadadoras e 11 nadadores que participarán nun total de 3 probas cada un. Sentiremos de novo a emoción do «Preparados…» E esta é o único obxectivo da competición, participar e recordarnos, que con responsabilidade e organización, podemos seguir adiante co deporte de competición.

O Club Natación Ponetareas facilitará que todos os pais e nais poidan disfrutar da competición a través de streaming en directo vía youtube. Poñemos o enlace á vosa disposición.

Ánimo e Sorte!!

ConvocatoriasStreaming