Tres medallas no Campionato de Longa Distancia

A competición celebrada o sábado día 6 en Pontevedra foi un gran éxito para o CNA, obtivemos pleno de medallas dos tres participantes e moi boas marcas. Era o Campionato Galego de Longa Distancia en Piscina, tod@s nadaron a proba de 3000 metros, que é clasificatoria para o Campionato de España da mesma disciplina.

Mateo Garcia e Paula Otero foron ouro senior e gañadores absolutos da proba. Paula Rodríguez foi prata en categoria junior 1. Os tres deportistas fixeron parciais moi regulares, unha das mellores estratexias para dominar esta proba. Estaremos atent@s ós listados a nivel nacional para saber a clasificación a nivel nacional.

Noraboa ós tres!!

Resultados