Onte domingo celebrouse en Ponteareas o Campionato Galego de Longa Distancia en piscina, fase territorial do Campionato de España. Foi en dúas sesións, na de mañán participou Eva Sánchez, de categoría infantil, na proba de 2000 metros, na que acadou o 10º posto. Pola tarde foi o turno dos junior e senior nadando 3000 metros. Nesta proba, en categoría junior, Mateo García foi bronce e Paula Otero ouro. Ana Veiga foi bronce senior e Nerea Alvite 4ª da mesma categoría.
Na clasificación por equipos acadamos os seguintes postos: 10º masculino, 4º feminino e 5º conxunto.
Noraboa a tod@s!!