Travesía de Suevos 2015

Un ano máis estamos cerca dunha nova edición da xa tradicional Travesía de Suevos, Memorial Marina Álvarez. Será a novena edición, na que esperamos superar tódalas expectativas, xa que será o final dunha moi boa tempada deportiva para o Club Natación Arteixo.

Celébrase o sábado 1 de agosto ás 12:00 da mañá. Unha vez máis, este evento forma parte do Circuíto Galego de Augas Abertas, con un percorrido de 2500 puntuable para dito circuíto e dúas distancias de 800 e 200 metros máis populares.

Nesta edición, a inscrición farase telemáticamente na páxina web da FEGAN, no apartado de Circuíto Galego:

Inscricións

Teremos a disposición dos asistentes a posibilidade de comer ó rematar a proba, faremos unha gran paella,  por encargo, con un custo de 5 euros con pan, bebida e café incluidos. Para facer encargos podedes chamar ó teléfono do club (652542548), ou facelo por correo electrónico (info@natacionarteixo.com).

Normativa

Como Chegar