Travesía de Suevos 2016

Un ano máis estamos cerca dunha nova edición da xa tradicional Travesía de Suevos, Memorial Marina Álvarez. Será a décima edición, na que esperamos superar tódalas expectativas, xa que será o final dunha gran tempada deportiva para o Club Natación Arteixo e teremos a novidade de contar con premios en metálico para os tres primeiros clasificados e clasificadas das distancias de 2500 e 800 metros.

Celébrase o sábado 30 de xullo ás 12:00 da mañá. O evento contará con tres percorridos, de 2500, 800 e 200 metros, este último dirixido só ós máis pequenos/as.

Nesta edición, a inscrición farase nun formulario na páxina web do Club Natación Arteixo, no apartado de Travesía de Suevos.

Inscricións

Teremos a disposición dos asistentes a posibilidade de comer ó rematar a proba, faremos unha gran paella,  por encargo, con un custo de 5 euros con pan e bebida incluidos. Para facer encargos podedes chamar ó teléfono do club (652542548), ou facelo por correo electrónico (info@natacionarteixo.com).

Normativa

Como Chegar