Un ano máis celébrase o Torneo de Seleccións Norte Sur. Trátase dun campionato por seleccións das zonas Norte e Sur de Galicia, que sae da participación na Liga Galega de Clubs e vai dirixido a nadador@s de categorías junior e senior. Esta será a 2ª edición, xa que este formato de competición estreouse xusto antes da pandemia Covid_19.
O Club Natación Arteixo terá unha presencia amplia de seleccionados, seis en total. Alba Gómez, 100 estilos, 50 e 100 libre; Miguel Gómez, 50, 100 e 200 braza; Eva Sánchez, 400 estilos, 100 e 200 costas; Ana Veiga, 100, 200 e 400 estilos; Nerea Alvite 1500 e 400 libre; e Manuel Varela, 100 e 200 costas.
O Campionato celébrase en Ponteareas, en sesión de mañán e tarde, e poderá ser seguido vía streaming e na páxina do Campionato, onde podedes tamén consultar a convocatoria completa.
Ánimo e Sorte!!