Torneo Norte e Sur

Este sábado día 12 celebrouse un ano máis o Torneo de Seleccións Norte Sur. Trátase dun campionato por seleccións das zonas Norte e Sur de Galicia, que sae da participación no Campionato Galego de Inverno e vai dirixido a nadador@s de categorías junior e senior. Esta foi a 4ª edición e celebrouse en Ponteareas en dúas sesións de mañán e tarde.

O Club Natación Arteixo tivo unha presencia amplia de seleccionados, cinco en total. Alba Gómez, 50 libre, 200 bolboreta e 200 estilos; Miguel Gómez, 50 costas 200 estilos e 200 braza; Eva Sánchez, 100 estilos, 50 e 100 costas; Claudia Suárez, 100, 200 bolboreta e 200 estilos; e Paula Rodríguez, 400 e 1500 libre e 400 estilos.

Despois dunha moi boa e reñida xornada de competición, finalmente o Sur acadou o primeiro lugar por tan só 7 puntos.

Noraboa polos resultados!!

Resultados