A xornada competitiva celebrada este sábado 7 de marzo na Piscina Municipal de Arteixo, foi un gran éxito de organización e participación. O equipo gañador do XXI Encontro de Natación Arteixo foi o Club Natación Ferrol, seguido do Club Natación Arteixo e Club Natación Coruña.
Esta edición contou cun cambio. Celebrouse en dúas sesións, unha pola mañán como evento de exhibición dos Equipos de Promesas de varios clubs e da Escola de Natación do Club Natación Arteixo; e unha sesión de tarde, na que participaban as categorías Benxamín e Alevín dun total de seis clubs disputándose a clasificación a nivel individual e por equipos.
Obtivemos un novo récord de participación con 75 nadadores e nadadoras de catro clubs na sesión de mañán; e 180 de seis clubs na sesión de tarde. Houbo un gran ambiente festivo, coma xa é costume neste evento. A Clasificación por Clubs foi a seguinte:
1º -CLUB NATACIÓN FERROL 464
2º -CLUB NATACIÓN ARTEIXO 351
3º-CLUB NATACIÓN CORUÑA 300
4º -CLUB NATACIÓN CULLEREDO 253
5º-CLUB DEL MAR 244
6º-A. D. NÁUTICO DE NARÓN 156
Neste trofeo premiábase aos tres primeiros clasificados de cada proba, tanto individual como de remudas. Os deportistas do Club Natación Arteixo acadaron un total de 15 medallas (4 ouros, 8 pratas e 2 bronces).
Nas remudas acadamos os seguintes postos: 4×25 libre benxamín, 5º na masculina e 5º na feminina. No 4×50 estilos alevín, prata na masculina e na feminina.
Repartíronse agasallos a tódolos participantes, tanto individual como equipos ó final da competición.
Os encargados este ano de facer entrega dos agasallos e trofeos foron Dona Purificación Zas, Concelleira de Deportes do Concello de Arteixo, e Dona Virginia Martínez, Presidenta do Club Natación Arteixo.
Noraboa ó CNA por este evento e polos resultados dos seus nadadores/as!!