Resultados Villa de Gijón

Foi unha gran fin de semana competitiva para o Club Natación Arteixo, á espera dos resultados das categorías alevín e infantil, pasamos a facer a crónica da nosa presencia no Trofeo Internacional Villa de Gijón. Foi un trofeo con moi bo nivel de marcas, tanto xeral coma para os nosos deportistas, participando en 3 semifinais e 9 finais. Alba Gómez acadou o 7º posto Táboa Fina feminino do campionato.

Participaban un total de 36 equipos, dos que algúns eran seleccións autonómicas, entre elas a Selección Galega Infantil e Junior. O Club Natación Arteixo acadou o 19º posto na clasificación conxunta. Participamos en dúas remudas mixtas, en 4×50 libre o sábado, 13º posto, e en 4×50 estilos o domingo, para rematar a competición,  9º posto.

Nas probas de 100 e 200 había eliminatorias e finais, nas de 50, eliminatorias, semifinais e finais. Tivemos tres finalistas, Alba Gómez, que entrou na final de tódalas probas nas que participou, 50, 100, 200 libre, 50 bolboreta e 200 estilos. Miguel Gómez, finalista en 100 e 200 braza, e Antía Gómez, finalista en 50 e 100 costas.

 

Alba Gómez foi premiada co 7º posto Táboa Fina pola moi reñida proba de 200 libre, que se celebrou o domingo pola tarde.

 

 

Noraboa Equipo!!

Resultados