Resultados Trofeos Juan Varela

Esta fin de semana o Club Natación Arteixo asistiu a dous trofeos en Ferrol, organizados polo Club Marina Ferrol. O sábado participamos no Memorial Juan Varela, no que acadamos o 3º posto por equipos, e o domingo no Juan Varela Máster, onde con tan só catro nadadores acadamos o 4º posto.

No Memorial, o equipo infantil, junior e absoluto, acadou bos resultados de marcas e moi bo en conxunto, o 3º posto precedidos polo CN Ponteareas e CN Galaico. Alba Gómez, Noelia Gómez, Antía Gómez e Nerea Iglesias obtiveron un total de nove medallas (6 ouros e 3 pratas). Alba acadou o 3º posto do trofeo por táboa FINA con 1975 puntos, un orgullo para ela compartir podio coas olímpicas Beatriz Gómez e María Vilas neste premio. Esta nadadora tamén acadou a mínima de 400 estilos para asistir ó Campionato de España Absoluto.

Moi boa competición con algunhas MMP e moi bo resultado de equipo… a seguir así!

O Trofeo Máster celebrouse o domingo en sesión de mañán, asistiron catro nadadores/as. Acadaron un total de tres medallas por suma de probas e categoría, Ramón e Chus foron ouro e Chema prata. Pero sen dúbida, o mási salientable foi o cuarto posto por equipos.

Noraboa a tod@s por estes resultados!

Resultados

Resultados Master