Están publicados os resultados dos Trofeos de Carballo nos que o Club Natación Arteixo tivo presencia esta fin de semana. Tratábase do II Memorial Pedro Luis Fernández Pombo, un trofeo que acolleu o sábado ós nadadores de diversas categorías participando como absolutos, e o domingo ós equipos Máster.
O sábado participaron un total de 23 deportistas de diversas idades e que tiveron ocasión de nadar a bastante bo nivel nun trofeo con gran número de participantes e unha organización impecable por parte do club anfitrion. O noso club acadou o 9º posto conxunto na clasificación por equipos, 10º masculino e 5º feminino. Nas remudas, que foron mixtas, obtivemos o 8º posto na de 4×50 libre e 5º na de 4×50 estilos.
A nadadora Eva Sánchez Bello, acadou o 3º posto por suma de puntos FINA das tres probas. Foi un bo día competitivo previo ó vindeiro Campionato Galego Absoluto que se celebrará a finais deste mes de decembro en Santiago.
O domingo en sesión de mañán tivemos a presencia de tres deportistas de categoría máster que defenderon as nosas cores con moi bos resultados, e que resultou ser, unha vez máis unha boa ocasión para competir e mellorar as marcas individuais.
Noraboa tod@s!!