Resultados Trofeos de Carballo 2025

Están publicados os resultados dos Trofeos de Carballo nos que o Club Natación Arteixo tivo presencia esta fin de semana. Tratábase do III Memorial Pedro Luis Fernández Pombo, un trofeo que acolleu o sábado ós nadadores de diversas categorías participando como absolutos, e o domingo ós equipos Máster.

O sábado participaron un total de 27 deportistas de diversas idades e que tiveron ocasión de nadar a bastante bo nivel nun trofeo con gran número de participantes e unha organización impecable por parte do club anfitrión. O noso club acadou o 3º posto conxunto na clasificación por equipos, 6º masculino e 3º feminino.

Foi un moi bo día competitivo onde moitos nadadores e nadadoras acadaron MMP e aumentaron as marcas mínimas de asistencia a campionatos galegos de diferentes categorías. Ademáis foi unha gran ocasión de convivencia entre deportistas do Club.

O domingo en sesión de mañán tivemos a presencia de 9 deportistas de categoría máster que defenderon as nosas cores con moi bos resultados, e que acadaron moi boa clasificación por equipos, 2º na conxunta, 1º na masculina e 8º na feminina.

O nadador Iván Rubio, acadou o 1º posto por suma de puntos FINA das dúas probas, e fixo o Récord Galego +50 na proba de 200 libre. Raquel Durán foi a 2ª clasificada por suma de puntos FINA na categoría feminina.

Resultados

                   

 

Resultados Máster

Noraboa tod@s!!