Resultados Trofeo Juan Varela

Este sábado 27 de abril, unha parte do equipo de maiores do CNA participou no Trofeo Juan Varela de Ferrol. Destacou pola boa organización por parte do Club Marina Ferrol, Club anfitrión, e pola calidade das marcas a estas alturas da tempada. Voltamos para casa con un 4º posto e un total de oito medallas.

Foi un bo día de competición e de convivencia, no que ademáis poidemos marcar algunha boa marca nos nosos rexistros e aumentar a nosa participación nos vindeiros Campionatos Galegos.

Acadamos o 4º posto na clasificacion feminina, o 7º na masculina e o 4º posto conxunto. Obtivemos un total de oito medallas acadadas por Claudia Suárez, Eva Sánchez, Miguel Gómez e Alba Gómez, esta última ademáis acadou o 3º posto na clasificación por puntos de táboa FINA. A remuda, que foi de 4×100 estilos mixta, quedou no 6º posto.

Noraboa a tod@s!!

ResultadosMedalleiro