Resultados Trofeo Gijón

Esta fin de semana celebrouse o XXXVTrofeo Internacional Villa de Gijón, e o Club Natación Arteixo tivo tres representantes, Paula Otero, Alba. Gómez  e Miguel Ángel Gómez.

Paula. asistiu formando parte do grupo do CGTD, nadou as probas de 400 e 1500 libre, nas que foi finalista e acadou o 1º posto nas dúas probas e o 5º posto por táboa FINA do trofeo.

Miguel e Alba foron finalistas en tódalas probas nas. que participaron. Alba. acadou os seguintes postos, 6º posto en 100 e 200 libre, participando nas Finais A, 9º na semifinal de 50 bolboreta e 13º na semifinal de 50 libre. Os postos de Miguel foron 9º en 100 e 200 braza. nadando a Final. B,  9º na semifinal de 50 braza. e 11º na semifinal de 50 costas.

Boas marcas e mellor experiencia.  Unha boa ocasión para competir en Piscina de 50 metros para estes tres nadadores/as do Arteixo  como preparatorio cara os campionatos de verán. Noraboa!!

Resultados