Resultados Trofeo e Copa

Este sábado o Club Natación Arteixo participou en dúas competicións. Na Copa Galega Benxamín e no Trofeo Internacional Pedro Escudero. Xa temos publicados os resultados.

Na Copa Benxamín o ambiente competitivo e deportivo non puido ser mellor. Asistiron máis de 250 nadadores e nadadoras dos equipos clasificados entre o 1º e 8º posto na Liga: CN.Ferrol, CN.Portamiñá, C.Marina Ferrol, C.Fluvial de Lugo, CN.Coruña, RCN.Vigo e CN.Arteixo. Querémoslle dar a noraboa pola organización e polo título de campión acadado polo club anfitrión, Club Natación Ferrol.

Os nosos benxamíns compartiron unha boa tarde competitiva, na que tanto en probas individuais coma en remudas fixeron moi bo papel, repartíndose para que todos e cada un dos compoñentes do equipo aportara o seu. Este é o noso futuro, e a verdade vai avanzando por un moi bo camiño.

Nas remudas acadamos os seguintes postos: no 4×50 libre, 10º e 16º masculino, 10º e 16º feminino. No 4×50 estilos, 6º e 14º maculino e 7º e 14º feminino. Na clasificación total, acadamos o 5º posto na masculina, 8º na feminina e 8º na conxunta.

Noraboa EQUIPO BENXAMÍN!!

Por outra banda, unha parte do Equipo de maiores participou no Trofeo Pedro Escudero, que se celebrou en dúas sesións nun día de intenso calor en Ourense. Nadamos en Piscina de 50 metros, boa experiencia de cara ó Campionato Galego que teremos dentro de 3 semanas.

Acadamos varias mellores marcas e un total de 5 medallas, 2 bronces para Tamara en 50 costas e Xián en 200 estilos, e 3 ouros para Alba, en 400 libre, 100 e 200 braza. Esta nadadora acadou tamén o 1º posto por táboa FINA.

Noraboa!!

 

Resultados