Resultados Trofeo de Lugo

Este sábado 27 de maio, o Club Natación Arteixo participou no XXVII Trofeo Cidade de Lugo. Acadamos o 6º posto por equipos na clasificación conxunta, e o 5º posto na remuda de 6×50 libre intercategorías.

A nivel individual, acadáronse boas marcas e un total de catro medallas: un ouro, unha prata e dous bronces, de Nerea Iglesias, Pablo Pose e Nerea Pazos.

Foi unha agradable xornada de natación e convivencia para o CNA. Noraboa a tod@s polos resultados.

Resultados

Medalleiro