Resultados Trofeo de Lugo

Este sábado unha parte dos nosos equipos de base asistiu ó Trofeo Cidade de Lugo, un dos nosos clásicos no calendario de primavera. Tiveron un gran día competitivo e de convivencia e volven moi animad@s e con moitas MMP.

Asistiron un total de 18 deportistas de categorías benxamín, alevín e infantil, que acadaron o 15º posto na clasificación masculina, 12º na feminina e 15º posto na conxunta. A remuda, de 6×50 libre mixta e intercategorías quedou en 10º lugar.

Noraboa a tod@s polos resultados!!

Resultados