Este sábado unha parte dos nosos equipos de base asistiu ó Trofeo Cidade de Lugo. Tiveron un gran día competitivo e de convivencia e volven con moitas MMP.
Asistiron un total de 19 deportistas de categorías benxamín, alevín e infantil, que acadaron o 15º posto na clasificación masculina, 10º na feminina e 11º posto na conxunta. A remuda, de 6×50 libre mixta e intercategorías quedou en 11º lugar. Ademáis, a nadadora Miriam Macías, de categoría infantil, foi medalla de bronce na proba de 200 costas.
Noraboa a tod@s polos resultados!!