Resultados Trofeo de Lugo

Este sábado, 30 nadadores e nadadoras do Club Natación Arteixo, de categorías benxamín, alevín e infantil, participaron no XXX Trofeo Cidade de Lugo. Como ven sendo habitual, foi un gran día de convivencia entre os equipos de diferentes idades e unha boa xornada de competición. Acadamos o 5º posto na clasificación por clubs (6º masculino e 6º feminino).

Tivemos dous medallistas, Manuel Varela e Eva Sánchez, que acadaron un total de cinco medallas, 3 ouros, 1 prata e 1 bronce. A remuda, de 6×50 mixta intercategorías, acadou o 9º posto.

Noraboa EQUIPO!!

MedalleiroResultados