Resultados Trofeo Amizade

Foi un día precioso o vivido o pasado sábado en Ponteareas polos nosos deportistas. A organización impecable do Club Natación Ponteareas fixo posible que se celebrara o Trofeo Amizade nesta situación delicada que vivimos, e o resultado foi máis que positivo, o que nos deixa con bo sabor de boca e pensando que competir poderá seguir sendo posible. Con 20 deportistas participando acadamos o 3º posto por equipos e un total de trece medallas individuais e unha en remudas.

O evento foi retransmitido en directo a través de youtube e segue á vosa disposición no mesmo enlace. Adaptámonos ben ás novas normas que esixe a situación Covid-19. Participamos cun total de 11 nenos e 9 nenas que acadaron os seguintes resultados por equipo, 3º posto feminino, 4º posto masculino e 3º posto conxunto, precedidos polo CN Galaico e polo equipo anfitrión que foi o gañador do trofeo.

Os nadadores e nadadoras premiados foron: Alba, Antía, Claudia, Paula, Lucas e Miguel Ángel cun total de 13 medallas, 8 ouros, 2 pratas e 3 bronces. Na remuda, composta por Manuel, Miguel, Paula e Alba, foi de 4×100 estilos mixta e acadamos un moi reñido 3º posto. As nadadoras Alba Gómez e Paula Otero foron primeira e segunda clasificadas para os premios por táboa Fina. Ademais, a nosa xa veterana Alba, celebraba o seu vinte cumpreanos, asi que tamén tivemos motivo de «festa».

Pero sen dúbida, o mellor premio de todos foi o disfrute de volver a competir, es ese recibímolo tod@s.

Noraboa nadador@s e Gracias CN Ponteareas!! 

ResultadosVideoMedalleiro

Medallistas