Resultados Toma de Tempos

Este sábado pasado celebrouse unha toma de tempos en Riazor co obxectivo de mellorar marcas persoais na que participaron nadadores e nadadoras de categorías infantil, junior e absoluta. Obxectivo cumprido, xa que voltamos con varias novas mínimas para os campionatos galegos e moitas mellores marcas persoais (MMP). Están publicados os resultados na nosa web.

Por outra banda, a nadadora Paula Otero compite de novo esta fin de semana, esta vez no Meeting de Povoa de Varzim, onde participará en 4 probas: 100 braza, 100 bolboreta, 200 e 400 estilos. Asiste a esta competición con varios compañeiros/as de adestramento no CGTD.

Resultados