Resultados Pedro Escudero

Este sábado celebrouse en Ourense o Trofeo Pedro Escudero, coa participación de 20 dos nosos deportistas, que tiveron a ocasión de competir en Piscina de 50 metros e facer un día máis de convivencia de equipo e competitiva. Os resultados foron moi positivos, con un total de oito medallas.

Foron medallistas en probas individuais, Alba Gómez, Claudia Suárez, Miguel Gómez, Eva Sánchez e Manuel Varela. Tamén fomos medalla de bronce na proba na que ostentamos o récord galego, na remuda de 4×100 estilos mixto.

Os nosos deportistas estiveron nun bo nivel competitivo, e este era o obxectivo pricipal deste evento, xa que se acerca a parte da tempada na que teremos as citas competitivas máis importantes nesta distancia de piscina.

Noraboa a tod@s!! 

ResultadosMedalleiro