Resultados Narón

O Club Natación Arteixo participou o sábado no XXX Trofeo Cidade de Narón con un total de 20 deportistas que conseguiron un total de 6 medallas e o 4º posto por clubs para o CNA. Dende esta web agradecemos ó equipo anfitrión o éxito de organización e a súa invitación.

Foi unha moi boa tarde competitiva, con moitas MMP e moi bo ambiente de equipo. O Trofeo celebrouse o sábado 2 en sesión de tarde, e o calendario era moi completo, 50, 100 e 200 de todos os estilos e 100 e 200 estilos.

Os nadadores e nadadoras medallistas foron: Aarón Díaz, J. Manuel Díaz, Miriam Macías, Carla Rodríguez e Paula Ramos.

A puntuación do conxunto do noso equipo foi de 4º clasificado:

CN FERROL

176

AD NAUTICO DE NARON

169

MARINA FERROL

122

CN ARTEIXO

114

Noraboa a tod@s!!

Resultados