Recén chegados do Campionato Galego Máster, os nosos nadador@s máis veteráns e máis motivados, volven con moi bos resultados, un récord galego, 13 medallas e moitas ganas de adestrar para os seguintes eventos desta categoría.
Como equipo, estes sete deportistas acadaron os seguintes postos: 16º masculino, 17º feminino e 18º conxunto. Nas remudas só puideron participar nas remudas mixtas, acabando en 6º posto da categoría +200 en 4×50 Estilos, e 12º na categoría +160 en 4×50 libre.
A nivel individual destacamos que o CNA tivo cinco medallistas que acadaron un total de 6 ouros, 6 pratas e 1 bronce, Ramón, Raquel, Diego, Rubén e Xeila.
Ramón Folch acadou o premio ó participante masculino de máis idade, ademáis de batir unha vez máis un récord galego, nesta ocasión o de 200 libre da categoría +85.
Un gran traballo en equipo, unha gran fin de semana de disfrute da competición e do compañeirismo, nada mellor para empezar o 2023 que seguro que seguirá traendo grandes novas para esta categoría.
Noraboa EQUIPO!!