Están publicados os resultados das ligas territoriais celebradas esta fin de semana. Trátase da 3ª xornada alevín, que foi o sábado pola tarde en San Amaro, e a 4ª xornada infantil, en Carballo o domingo pola mañán.
Ambas foron moi boas competicións, nótase que os nadadores e nadadoras destas categorías va collendo de novo un pouco de ritmo competitivo, estamos empezando a recuperarnos de todos os paróns que tivemos nesta extraña tempada.
Boas sensacións para rematar ben o que queda de tempada e quedar con moita ilusión para a seguinte, que esperamos se acerque máis á normalidade en temas de deporte competitivo.
Noraboa a tod@s!!