Resultados Ligas Idades

Acabamos de publicar os resultados daas Ligas de idades celebradas as dúas últimas fines de semana. A Liga Alevín celebrouse o día 18 en carballo coa asistencia de 15 deportistas que tiveron un bo estreo de tempada competitiva. A Liga Infantil foi este sábado 25 en Santiago e tamén foi unha boa competición para o CNA. En ambas competicións só presentamos equipo feminino de remudas, acadando os postos, 2º infantil e 6º alevín.

O que temos que destacar é o bo traballo en equipo tanto nadando como na grada, esto e a técnica de nado, nestas idades son os pilares dun futuro deportivo a nivel individual e para o Club Natación Arteixo.

Noraboa a tod@s!!

Resultados