Están publicados os resultados das Ligas Benxamín e Alevín celebradas o 9 e 16 de novembro en San Amaro e Carballo respectivamente. Ambas competicións foron boas primeiras xornadas para os nosos deportistas máis pequenos. Estas ligas van ensinándolles como funciona a competición, e van mellorando pouco a pouco a súa técnica de nado e viraxes. Temos toda unha tempada por diante para observar e animar a súa mellora.
Noraboa a tod@s!!