Resultados Liga Infantil

Están publicados os resultados da 1ª xornada de liga infantil celebrada este sábado en Carballo. Unha sesión competitiva moi longa debido á gran participación e as probas nadadas. Por este motivo non se celebraron as remudas que estaban previstas. Nas vindeiras xornadas variaranse os grupos para que sexa posible o calendario completo de probas.

O equipo do Club Natación Arteixo fixo un bo papel, mellorable nos pequenos detalles técnicos, que sabemos que chegarán coa experiencia de adestramento ó longo da tempada, e do empeño deste grupo en mellorar de forma continua.

Noraboa polos resultados!!

Resultados