Este sábado celebrouse en Santiago a 2ª Xornada de Liga Infantil en Santiago, con bos resultados para o noso equipo. As remudas acadaron o 4º posto masculino e 6º feminino, e foi unha boa ocasión para facer MMP de moitos nadadores e nadadoras. A vindeira cita desta categoria, será o Campionato Galego Infantil, que terá lugar en Pontevedra dentro de dúas semanas, e ó que acudirán os deportistas que acadaran as mínimas de participación.
Noraboa a tod@s!!


