Resultados Liga Infantil

Están publicados os resultados da 3ª xornada de Liga Infantil na que participamos este sábado día 4 en Lugo, na Piscina do Fluvial. Esta xornada foi de carácter zonal, xa que competimos co Fluvial, Portamiñá e Monforte.

Obtivemos bastantes MMP con algunha mínima de campionatos galegos engadidas para a participación de verán. As remudas, mixtas de 4×100 estilos acadaron os postos 4º e 8º. Foi unha boa xornada de convivencia e competición para este equipo que seguirá adestrando con ganas preparándose para a vindeira xornada, que será en Monforte no mes de abril.

Noraboa Equipo!!

Resultados